Basketball. English version.
El baloncesto. Versión en castellano.


Historia do baloncesto.

Existen moitas teorías dos xogos que poden preceder ao baloncesto actual. Entre eses xogos podemos destacar os xogos mayas e aztecas do pok-ta-pok e tlachtli, neses xogos créese que existía un sistema de apostas polos vencedores, e os vencidos eran sacrificados despois do xogo, existen terías que dicen que os sacrificados eran os vencedores como regalo para os Deuses, pero eso non está claro.


tlachtli.jpg tlachtli2.jpg

Un precedente un pouco máis cercano é o xogo do "korf", xogo popular practicado nos países baixos, que daría comoresultado o "balonkorf" xogo mixto que ao parecer xa coñecía o inventor do baloncesto, o profesor James Naismith.

korfball.jpg
korfball2.jpg


James Naismith foi un profesor canadiense na Universidade norteamericana de YMCA en Springfield no estado de Massachusetts. Necesitaba un xogo para practicar dentro do pabellón nos fríos invernos e pensou en solicitar unhas caixas para colocar nas barandillas do pabellón (casualmente a 3,05 metros do chan) e tratar de meter unha pelota de fútbol por elas, pero todo o que lle conseguiron foron unhas cestas de melocotóns máis anchas pola parte de arriba que pola de abaixo. Esto ocorría no ano 1891. Naismith escribiu 13 reglas. Como resume delas dicir que os equipos eran de 9 xogadores (él tiña 18 alumnos), a duración eran dúas partes de 15 minutos e había que meter a pelota na cesta o maior número de veces, non se podía correr co balón e ninguén podía tocar a outro xogador.
Este deporte espallouse rápidamente polos EEUU gracias aos alumnos desta universidade que crearon as primeiras ligas. O regulamento foise cambiando e rápidamente aparece o pivote que daría paso ao dribbling ou bote en movemento.
A Europa chegou da man das sedes desta universidade, pero sobre todo a raíz de que o xogaban os soldados na I Guerra Mundial.
En España foi introducido polo padre Eusebio Millán en 1921 nos escolapios de San Antonio en Barcelona e máis tarde por outras zonas do territorio español.
O baloncesto foi deporte de exhibición nos Xogos Olímpicos de Amsterdam 1928 e Los Angeles 1932 e pasou a ser olímpico en Berlín 1936. A competición olímpica feminina non chegaría ata Montreal 1976.
Actualmente as competicións máis importantes a nivel mundial podémolas dividir en competicións de clubes, e competicións de seleccións nacionais. Como competicións de clubes a máis coñecida a nivel mundial é a NBA ("Nacional Basketball Asociation") ou liga de baloncesto dos Estados Unidos de América. Aquí en España a competición de clubs é a Liga ACB ("Asociación de Clubs de Baloncesto"), e a nivel europeo deberiamos destacar a Euroleague ou competición entre os mellores equipos de cada país.
A nivel de seleccións debemos detacar o campionato de mundo de baloncesto (celébrase cada 4 anos, no 2014 será en España), a competición de baloncesto nos Xogos Olímpicos e o campionato europeo de baloncesto.
Existen dous regulamentos internacionais de baloncesto, un feito exclusivamente para a competición americana NBA, e o outro diseñado para competicións internacionais, que ademáis é o que se usa na competición española, é o regulamento da FIBA.
Nos seguintes enlaces podes descargar en formato PDF o regulamento da FIBA (en inglés) e o mesmo regulamento da ACB sacado de FEB (Federación Española de Baloncesto).
A continuación trataremos de dar unha visión sinxela e global do baloncesto centrándonos sobre todo no regulamento da FIBA, pero facendo de cando en vez mencións as diferencias que podería ter coa NBA. Débese destacar que dende o cambio de regulamento de Abril 2010 que entrou en vigor o 10 Octubre de 2010 as normas de baloncesto FIBA e sobre todo a pista parécense máis as regras NBA.

Inicio

Obxectivo do xogo.

O obxectivo primeiro do xogo e introducir a pelota dentro da canastra do contrario, para que ao rematar o tempo regulamentario ter más muntos ca él e así gañar o partido. O número de canastras non sempre e relevante, xa que un equipo metendo menos canastras (pero que estan sexan de 3 puntos) pode gañar un partido.

Terreo de xogo.

As dimensións da pista de baloncesto son de 28 x 15 metros no baloncesto FIBA. Na NBA a pista mide 94 x 50 pes, que veñen sendo 28,65 x 15,24 metros, co cal a diferencia e insignificante.
A canastra está situada a 3,05 metros do chan. Como veredes no gráfico seguinte eses 3,05m cóntanse dende o chan ata a parte inferior do aro.
As liñas que forman a pista estarán pintadas en branco e terán un grosor de 5 cm. É importante resaltar sobre as liñas que forman o campo que estas non forman parte del, quere dicir esto que si se pisa unha liña quere dicir que estamos dentro da zona que delimita, esto é importante porque se pisamos a liña de lateral ou de fondo quere dicir que estamos fora da pista, e que si por exemplo pisamos a liña de lanzamento de triples, a canasta que consigamos valerá 2 puntos e non 3.
Tamén é importante salientar que o plano vertical que pasa por unha liña non se considera parte da liña, esto quere dicir por exemplo que si o balón está no aire (aínda non toucou o chan) máis aló do plano vertical que delimita a liña de fora, considérase que está dentro do campo. Un balón non estará fora ata que o propio balón ou un xogador coa posesión toquen a liña ou o exterior da pista.


pista_gal.jpg
Nas dúas imaxes seguintes podes comprobar as medidas de cada unhas das zonas e ademáis comparalas coas medidas da pista na NBA.

pista_con_medidas.jpg








Pista FIBA












Pista NBA
As medidas están en pes, para facer o cálculo e comparar ambas pistas debes saber que un pe equivale a 30,48 centímetros ou o que é o mesmo 1 pe=0,3048 metros.
Se queres saber canto é en metros unha medida en pes multiplica por 0,3048 e logo compárao coas medidas do campo FIBA.


pista_nba_medidas_en_pies.jpg


Na seguinte imaxe podes ver as medidas do taboleiro e do aro.
altura_canasta.jpg

Inicio

O balón.

O balón de baloncesto é un dos balóns máis pesados e máis grandes dentro dos deportes de pelota máis coñecidos e practicados. Ten un peso de entre 567 e 624 gramos e unha circunferencia de 75-76 cm na talla 7 (baloncesto masclino). A talla 6 é a empregada para o baloncesto feminino e pesa entre 510 e 567 gramos cunha circunferencia de 72-73 cm. O diámetro dun balón de baloncesto é de 23-24 cm, é dicir un pouco máis da metade do diámetro do aro.
A continuación pode ver a comparativa entre os balóns dos diferentes deportes en categoría masculina.


balón.jpg

PESO
MEDIDA
BALONCESTO
567gr
75 cm
VOLEI
260gr
65cm
FÚTBOL
410 gr
68 cm
BALONMANO
425 gr
58 cm
RUGBY
400 gr
76 cm (eixe mayor)
58 cm (eixe menor)








Duración dun partido.

A duración dun partido de baloncesto é de 4 partes (cuartos) de 10 minutos con descansos de 2 minutos entre a 1ª e a 2ª e a 3ª e a 4ª e con 15 minutos de descanso na metade do partido (entre o 2º e o 3º cuartos). Os tempos adicionais prodúcense cando ao rematar o partido, este acabou en empate, e duran 5 minutos. Haberá tantos tempos adicionais como sexa necesario para que un equipo resulte gañador.
Na NBA cada un dos cuartos dura 2 minutos máis, é dicir 12 minutos, sendo os adicionais de igual duración.
Cando existe unha infracción o tempo párase e non transcorre ata que o balón se volva a poñer en xogo. Tamén se para o tempo nos 2 últimos minutos do último cuarto e nos 2 últimos minutos de calquera período adicional. Na NBA párase no último minuto do 1º, 2º e 3º cuartos e nos 2 últimos minutos do 4º cuarto e períodos adicionais.

Xogadores.

Un equipo de baloncesto está formado por 5 xogadores na pista e 7 xogadores com máximo no banco de suplentes, polo tanto o total de xogadores que pode ser inscrito para un partido é de 12.
Durante un partido un entrenador poderá facer cantos cambios queria pero sempre coa autorización do árbitro.
Existen diferentes tipos de xogadores en función das súas características físicas e técnicas, e tamén existen moitas maneiras de nomealos dende a maneira clásica:
Base, escolta, aleiro, ala-pívot e pívot indo de menor a maior tamaño e de maior a menor técnica no control do balón supostamente,
a nomealos por números:
1= base, 2= escolta, 3= aleiro, 4= ala-pívot e 5=pívot
ou o nomes que se lle dan na NBA:
Point guard (base), shooting guard (escolta), small forward (aleiro), power forward (ala-pívot) e center (pívot).

Puntuación.

As canastas en baloncesto non sempre valen o mesmo. Existen 3 tipos de canastas.
Canastas de 2 puntos, son aquelas que se producen durante o xogo e que se fan por diante da liña que sinala os 3 puntos ou liña de triples.
Canastas de 3 puntos, son aquelas que se fan dende máis atrás da liña de 3 puntos. Recordemos que as liñas non forman parte da zona que delimitan, polo tanto se un xogador lanza a canasta pisando a liña de triples, esa canasta valerá 2 puntos.
Canastas de 1 punto, son aquelas que se fan dende a liña de tiros libres despois dunha falta persoal ou outra infracción que supoña realizar tiros libres. Sempre que ocorre un tiro libre o tempo de xogo non corre.

canastas_de_3_y_2.jpg

Inicio

Regulamento.


Comezo do partido:

Un partido comeza cando o balón sae das mans do árbitro principal no salto entre dous.

Salto entre dous.

O salto entre dous prodúcese no comezo do partido, consiste en que o árbitro lanza o balón ao aire entre dous xogadores (un de cada equipo) que se atopan xunto con este árbitro, dentro do círculo central a cada lado da liña central cada un no seu campo. Calquera dos dous debe palmear o balón cando este empece a descender despois de lanzalo o árbitro. Os demáis xogadores poden estar en calquera parte da pista de baloncesto, pero sempre fóra do círculo central. Dous xogadores do mesmo equipo non poden ocupar posicións contiguas se un rival desexa ocupar esa posición.

salto_entre_dos.jpg


Balón retido.

Considérase que un balón está retido cando 1 ou máis xogadores de equipos contrarios teñen unha ou as dúas sobre o balón de tal maneira que ningún se pode facer co control do mesmo sen emplear unha brusquedade excesiva. Cada vez que ocurre esto dase unha situación de salto entre dous que se resolve coa chamada "posición alterna".
A posición alterna significa que cada vez que se da un balón retido a posesión do balón dáselle ao equipo que lle toca. O primeiro equipo en recibir a posición alterna é o equipo que non conseguiu a posesión do balón no salto entre dous de comezo de partido.
As posesións alternas tamén se producen ao comezo de cada un dos períodos que non son o primeiro. Quere dicir esto que realizará un saque ao comezo do 2º, 3º e 4º periodos o equipo ao que nese momento lle corresponde a posición alterna.

Cómo xogar o balón.

Durante un partido o balón so se xoga coas mans e pódese pasar, lanzar, palmear, rodar ou botar en calquera dirección seguindo as seguintes regras.

Violacións ao regulamento

As violacións son infraccións contra o regulamento.

Un xogador non pode golpear o balón de maneira intencionada o balón coa perna, pero se un balón toca de maneira accidental calquera parte da perna non se considerará unha violación.

Pasos

Consiste en correr co balón sen botalo. Un xogador non poderá dar máis de 2 pasos sen botar o balón. Un xogador non poderá iniciar unha secuencia de bote levantando o pé de pivote. Pivotar e poder mover libremente un pe mentres o outro permanece no chan sen moverse. O pé de pivote e o pé que queda no chan mentras o outro móvese. Para establecer o pe de pivote débese ter en conta o seguinte:
- Se os 2 pes están no chan, cando un deles se levanta o outro pasa a ser pé de pivote.
- Se o xogador está cos 2 pes no aire o pé que primeiro se apoia pasa a ser pé de pivote. Se os dous pes se apoian a un tempo, aplicamos a regra anterior é dicir cando un deles se mova o outra pasa a ser pe de pivote.
Polo tanto cando un xogador inicia u desprazamento debe inicar a secuencia de bote (o balón debe saír das súas mans) antes de levantar do chan o pe de pivote.

Dobres

- Un xogador non pode facer 2 regates (dúas secuencias de bote). Se colleu o balón despois de botalo só o poderá pasar ou lanzar a canasta, non o poderá volver botar.
- Un xogador non poderá lanzar o balón ao aire e recollelo de novo.
- O balón no bote non debe sobrepasa a altura dos ombros, permítese que sobrepase lixeiramente a altura da cintura.

Campo atrás

Despois de sobrepasar a liña do centro do campo, un xogador en posesión do balón non poderá volver ao seu medio campo, tampouco poderá realizar un pase a un compañeiro que se atope no campo propio nin tampouco poderá pisar a liña central co pé ou co balón.

Reglas relacionadas co tempo

5 segundos: un xogador estreitamente marcado dispón de 5 segundos para tirar a canasta, pasar ou botar o balón.
3 segundos: un xogador atacante sen balón non poderá permanecer na "zona" máis de 3 segundos, sen embargo poderá abandonar ese espazo completamente e volver a entrar.
24 segundos: tamén chamado tempo de posesión, é o tempo do que dispón un equipo para realizar un lanzamento a canasta, para que exista un lanzamento a canasta o balón debe tocar o aro ou o taboleiro.
8 segundos: é o tempo do que dispón un equipo para ser capaz de trasladar o balón ata o campo do adversario.

Faltas

Unha falta é unha infracción das regras que implica un contacto persoal ilegal cun adversario e/ou un comportamento antideportivo. Un xogador só poderá cometer 5 faltas. Cando esto ocorre xa non pode seguir xogando, pero poderá ser sustituido por un compañeiro.

Falta personal.
Unha falta personal é unha falta dun xogador que implica un contacto cun adversario, esté o balón vivo ou morto.
Un xogador non agarrará, bloqueará, empurrará, cargará, zancadilleará nin impedirá o avance dun adversario extendendo as mans, brazos, codos, hombros, cadeiras, pernas, xeonllos nin pes, nin doblará o seu corpo nunha posición anormal, nin incurrirá en xogo brusco ou violento.
A penalización dunha falta persoal depende de varios factores.
1- Se o xogador ao que lle fan a falta non está en acción de tiro poden ocorrer 2 cousas:
- Se o equipo leva menos de 5 faltas, realizarase un saque de banda por parte do equipo que recibiu a falta no punto más próximo á zona onde se cometeu a falta.
- Se o equipo leva 5 ou máis faltas, en vez de realizarse un saque de banda o xogador que recibiu a falta ten dereito a 2 tiros libres. Se o xogador que recibe a falta está en defensa o seu equipo non ten dereito a 2 tiros libres, senón que debe realizar un saque de banda.

2- Se o xogador ao que lle fan a falta personal está en acción de tiro ocorre o seguinte:
- Se o tiro entra na canasta o xogador ten dereito a un tiro adicional, dándose a canasta anterior por válida.
- Sen embargo se a canasta non entra o xogador terá dereito a 2 ou 3 tiros libres dependendo do lugar dende o cal realizara o tiro.

Falta antideportiva.
Unha falta antideportiva é unha falta dun xogador que implica contacto e que, a xuizo do árbitro, non constitúe un esforzo lexítimo de xogar directamente o balón dentro do espíritu e a intención das regras.

Resólvese con 2 tiros libres para o equipo que recibiu a falta ademáis da posesión de balón cun saque de banda no centro do campo. Se o xogador que recibe a falta está en acción de tiro aplícanse os principios da falta personal, pero ademáis dáselle a posesión ao equipo que recibiu a falta.
Cando un xogador comete 2 faltas antideportivas, é descalificado.

Falta descalificante.
Falta técnica