The human body. English version.
El cuerpo humano. Versión en castellano.

O corpo humano.

Neste apartado imos ver os pricipais músculos, ósos e articulacións do corpo humano.

Sistema esquelético.

O esqueleto.
O esquleto humano está formado por 206 ósos, o conxunto destes e as articulacións entre eles forman unha estructura con moitas funcións entre elas a de locomoción, protección e sustento. Outras estructuras como ligamentos, tendóns, músculos e cartílagos axudarán ao correcto funcionamento do esqueleto.

Os ósos.

Tipos_de_ósos.jpg

Tipos de ósos:

1- Ósos longos como por exemplo os das extremidades.
2- Ósos cortos como os do pulso ou as vértebras (ás veces as vértebras clasifícanse com ósos irregulares).
3- Ósos planos como a escápula, a pelvis ou os ósos do cráneo.

Aquí tedes os principais ósos do esqueleto humano:





esqueleto_gallego.jpg






Volver

As articulacións.

As articulacións son a unión de dous ou máis ósos en donde se produce un movemento, aínda que existen articulacións inmóviles (por exemplo as formadas entre os ósos do cráneo). En función da cantidade de movemento as articulacións clasificaranse da seguinte maneira:

Tipos de articulacións:

Tipos_de_articulacións.jpg
1- Sinartrosis.
Articulacións inmóviles ou fixas, un bo exemplo son as articulacións entre os ósos do cráneo.
2- Anfiartrosis.
Articulacións semimóviles, un exemplo serían as articulacións entre as vértebras dorsales ou entre as costelas e o esternón.
3- Diartrosis.
Son as articulacións con maior cantidade de movementos, un exemplo sería a articulación da cadeira.


Volver

Movementos articulares.
Veremos agora os posibles movementos en cada unha das articulacións do corpo humano. Para clasificar os movementos, veremos primeiro os eixes corporales en torno aos que se producen os movementos. Cada movemento en torno a un eixe prodúcese nun plano corporal diferente.
eixes_e_planos_de_movemento.jpg

Eixes corporais:

1- Eixe transversal. Eixe que vai de un lado ao outro do noso corpo, os movementos que se producen chámanse de FLEXIÓN - EXTENSIÓN e son nun plano anteroposterior ou saxital.
2- Eixe vertical. É un eixe que vai de arriba hacia abaixo, e os movementos en torno a ese eixe chámanse movementos de ROTACIÓN, e prodúcense nun plano horizontal.
3- Eixe anteroposterior. De adiante hacia atrás, os movementos que se producen son chamados de ABDUCCIÓN - ADUCCIÓN nas extremidades ou INCLINACIÓN LATERAL no pescozo ou tronco, son feitos nun plano frontal.
4- Existe un movemento chamado de circunducción que engloba movementos en varios eixes, é a combinación de dous ou máis movementos, normalmente, flexión e extensión + rotación + abducción e aducción, e ás veces como no caso dos cóbados ou xeonllos por exemplo de flexión e extensión + rotación.











Volver


Articulacións e movementos.

Imos estudiar os movementos articulares nas seguintes articulacións:
1- Pescozo ou colo.
2- Ombros
3- Cóbados.
4- Pulso.
5- Cadeira.
6- Xeonllos.
7- Nocellos.

1- Pescozo ou colo, é a articulación formada pola unión das vértebras cervicais co cráneo, nesta articulación atoparemos todos os movementos posibles en torno aos tres eixes e polo tanto tamén a circunducción.
Movementos:
- Flexión e extensión.flex_ext_cuello.jpg
- Abducción e aducción neste caso tamén chamada inclinación lateral.Abd_Add_cuello.jpg

- Rotación.rotacion_cuello.jpg
- Circunducción.
circunducción_cuello.JPG
Volver a articulacións Volver ao índice do tema

2- Ombros, e a articulación formada pola unión do úmero, a escápula ou omóplato e a clavícula. Nesta articulación tamén atopamos os 4 tipos diferentes de movementos é dicir:
- Flexión e extensión. Flex_ext_hombro.jpg
- Abducción e aducción. A abducción é o movemento de separación da extremidade con respecto a liña media do corpo, a aducción é o contrario.abduccion_hombro.jpg

- Rotación.
rotacion_hombro.jpg rotación_hombros.JPG
- Circunducción.
circunduccioón_hombros.JPG
Existen nesta articulación un par de movementos secundarios ainda que verdadeiramente importantes, que son producidos gracias ao deslizamento da escápula ou omóplato pola espalda. Estes movementos son:
- Elevación e descenso dos ombros. Elevación_descenso_hombros.JPG
- Anteversión e retroversion dos ombros.
Anteversión_retroversión_hombros.JPG
E por suposto a combinación destes da como resultado unha especie de circunducción.
Volver a articulacións Volver ao índice do tema

3- Cóbados. Forman esta articulación a unión do úmero cos ósos do antebrazo, o cúbito e o radio. Os movementos dos cóbados son os seguintes:
- Flexión e extensión, a extensión prodúcese se hai unha previa flexión e ata un máximo de uns poucos graos máis de 180º dependendo da persoa.

flex_codo.jpg

- Rotación. Non é unha rotación verdadeira, de feito non se chama rotación se non que se chama PRONACIÓN e SUPINACIÓN.
- Circunducción. En torno só a dous eixes.
Volver a articulacións Volver ao índice do tema

4- Pulso, articulación formada pola unión dos ósos do carpo co cúbito e o radio. Os movementos posibles no pulso son:
- Flexión e extensión. flex_ext_muñecas.jpg
- Abducción e aducción. Tamén chamada desviación radial o desviación cubital. Abd,_add_muñecas.jpg

- Circunducción, pola suma dos dous movementos anteriores.
Circunducción_muñecas.JPG
O pulso non ten rotación, a rotación que se aprecia é debida á pronación e supinación do cóbado.
Volver a articulacións Volver ao índice do tema

5- Cadeira. Neste caso nos atopanos dous puntos de articulación que estudiaremos por separado.

A) O primeiro punto é a unión das vértebras lumbares e máis o sacro coa pelvis, que a nivel visual nos dará movementos do tronco con respecto ás pernas, estes movementos son os seguintes:
- Flexión e extensión.
Flex_ext_tronco.JPG

- Inclinación lateral.
inclinacion_lateral_tronco.jpg
- Rotación.
rotacion_tronco.jpg
- Circunducción.
circunduccion_tronco.jpg
Volver a articulacións Volver ao índice do tema

B) O segundo punto de unión é a articulación entre cada un dos fémures coa pelvis. Os movimientos resultantes son os que que fan as extremidades inferiores.
- Flexión e extensión. flex_ext_cadera.jpg
- Abducción e Aducción.
abducción_cadera.jpg
- Rotación.
rotacion_caderas.jpg
- Circunducción.
rotacion_cadera_(pierna).JPG
Volver a articulacións Volver ao índice do tema

6- Xeonllos. Articulación formada pola unión do fémur a tibia, a rótula e o peroné. Os movementos que atopamos no xeonllo son:
- Flexión e extensión. flex_ext_rodilla.jpg
- Rotación, pero para que o xeonllo a poida facer debe primeiro flexionarse porque se non o ligamento cruzado anterior impide a rotación.
rotacion_rodilla.jpg
- Circunducción.
circum_rodillas.jpg
Volver a articulacións Volver ao índice do tema

7- Nocellos. La unión entre os ósos do tarso (astrágalo) coa tibia e o peroné.
- Flexión e extensión. Tamén se poden chamar dorsiflexión e flexión plantar.flex_ext_tobillo.jpg
- Abducción e aducción, chamadas nos nocellos inversión e eversión.
eversion_tobillos.jpg
- Circunducción.
circunducción_tobilllos.JPG
Volver



O sistema muscular.

Non podeiramos vivir sin músculos, calquiera acción como por exemplo caminar, respirar ou dixerir a comida non a poderiamos facer sen os músculos. Tódolos músculos traballan contraéndose ou relaxándose, veremos a continuación os diferentes tipos de músculos e sua maneira de traballar.

Tipos de músculo

(Segundo a súa morfoloxía).

Músculo esquelético: Tamén chamado voluntario ou estriado.tipos_de_musculos_cast_gal.jpg
Está unido aos ósos e traballa de maniera voluntaria, é dicir se quero andar o meu cerebro manda unha sinal ao longo do sistema nervioso cara aos músculos necesarios para andar, para que estes se contraigan e fagan o traballo. Exemplos, cuádriceps, bíceps, glúteo........e un largo etcétera.

Músculo liso: Tamén chamado involuntario.
É o músculo que forma as paredes dos órganos internos como estómago, vexiga, intestino, vasos sanguíneos...... Contráese de maneira involuntaria, non fai falta pensar.

Músculo cardíaco: É o músculo das paredes do corazón, é estriado coma o músculo voluntario, pero é involuntario. A súa función é bombear o sangue a todo o organismo. Cada contracción do músculo cardíaco é un latido ou pulsación do corazón.










Tipos de músculo:
(Segundo a acción que fan).

Músculos agonistas. Son os principais encargados de realizar un movemento. Por exemplo cando flexionamos o xeonllo os músculo agonistas son os ISQUIOTIBIAIS.

Músculos antagonistas. Son os músculos contrarios, ou que farían a acción contraria ao movemento que estamos a facer, deben permanecer relaxados e sen tensión para que o movemento se realice. No caso do exemplo anterior o CUÁDRICEPS debe permanecer relaxado para que os isquiotibiais poidan facer o seu traballo.

Músculos sinerxistas. Son aqueles músculos que axudan ao músculo principal a facer a súa acción. No caso dos exemplos anteriores os XEMELGOS axudan na flexión do xeonllo.

Músculos fixadores. Son aqueles que non interveñen na acción directamente, pero deben contraerse para que a acción se poida facer. Por exemplo cando camiñamos os ABDOMINAIS e LUMBARES contráense para manter fixa a cadeira e que poidamos avanzar sen caernos.




As fibras musculares.Miofibrilla.jpg

Os músculos están formados por células chamadas fibras musculares. Se un músculo se contrae é porque o están a facer as fibras musculares. Pero non todas as fibras musculares dun músculo se contrae á vez, senon que depende da cantidade de forza que sexa necesaria nese momento.

Tipos de fibras musculares.
Básicamente diferenciaremos dous tipos de fibras musculares en función da súa velocidade de contracción.
1- Fibras rápidas. A súa velocidade de contracción e moi alta, chámanse tamén anaeróbicas ou fibras blancas porque a súa concentración de osíxeno e baixa, de ahí que a contracción dure pouco tempo.

2- Fibras lentas ou aeróbicas ou bermellas. A contracción e lenta pero de longa duración.
A cantidade de fibras blancas ou bermellas dunha persoa depende básicamente da xenética.

Para cada actividade deportiva será necesario un determinado tipo de fibras musculares, por exemplo os velocistas teñen unha cantidade moi abundante de fibras rápidas, pero os corredores de longas distancias teñen máis cantidade de fibras lentas.






Volver


Músculos do corpo humano.

Aquí tedes os principais músculos do corpo humano.


musculos_nombre_gal_(600_x_499).jpg

Para saber máis pincha en cada un dos nomes dos músculos que a continuación se citan:

Esternocleidomastoideo.
Trapecio.
Deltoides.
Pectoral.
Dorsal ancho.
Lumbares.
Abdominais.
Bíceps.
Tríceps.
Cuádriceps.
Isquiotibiais.
Glúteo.
Aductores.
Xemelgos.

















esternocleido_(214_x_400).jpg
Esternocleidomastoideo. A súa función principal é doble: se só se contrae o dun lado é rotador do pescozo (cara ao lado contrario do lado que se contrae), inclinador lateral e leve extensor, pero se se contraen os dous á vez é flexor do pescozo. En casos de emerxencia axuda á inspiración subindo o esternón.








trapecio.jpg Trapecio. A función principal deste músculo é controlar tódolos movementos da escápula, elevación e descenso, retroceso e polo tanto tamén os movementos do ombro. É un músculo esencial para manter a postura erguida.
Para traballar o trapecio pódese usar un exercicio coma este.










deltiodes_gal_cast.jpg

Volver ao índice Volver aos músculos.


Deltoides. É o músculo que cubre e protexe a articulación do ombro, as funcións básicas son a flexión e extensión do ombro así como a abducción.
Un dos exercicios máis usados para traballar o deltoides son os "vos laterais"








pectoral_mayor.jpg




Pectoral. En realidade distinguiremos 2 músculos pectorais en cada lado: pectoral maior e pectoral menor. As función son parecidas, básicamente as de facer unha flexión e unha aducción do hombro.
O exercicio máis fácil e coñecido para traballar o pectoral son as "planchas" ou "flexións de brazos" no chan. O press de banca é outro dos máis empregados, pero xa fai falta material.











dorsal.jpg
Volver ao índice Volver aos músculos



Dorsal ancho. A súa principal función é a de extender o ombro. É esencial en nadadores e escaladores. Un dos exercicios máis usados para
traballar o dorsal son as "flexións de brazos" colgados nunha barra.












cuadrado_lumbar.jpg



Lumbares. Cando falamos dos músculos lumbares normalmente nos referimos aos músculos da parte inferior do tronco que fan a extensión do mesmo, estes músculos son en concreto o cuadrado lumbar coa axuda dos músculos iliocostales. Para traballar os lumbares podémos tumbar no chan e facer hiperextensións do tronco de maneira suave ou facelo nun banco.









Volver ao índice Volver aos músculos

Músculos do abdome. Coñecidos por abdominais. Son os músculos que recubren o abdome, as súas funcións xerais son as de protexer os órganos internos e facer a flexión e rotación da cadeira.
Entre eles distinguiremos 3 músculos:

1- Recto anterior do abdome. A función principal e a flexión da cadeira xunto con outras como axudar na inspiración abdominal, manter protexidos aos órganos e axudar na defecación. Un exercicio esencial para traballar o recto anterior do abdome é este. Sempre que traballemos o recto anterior deberemos ter en conta que tanto a cadeira como os xeonllos deberían estar nunha posición de flexión para evitar danos na espalda.

2- Transverso do abdome. É o máis profundo dos 3. Básicamente a súa función é a de comprimir o abdome. Axuda na defecación, e cando temos tos ou vómitos.

3- Oblicuos do abdome: Atopamos o oblicuo maior e o oblicuo menor (tamén coñecidos por oblicuos externo e interno). Ambos son inclinadores e rotadores se actúa o dun lado, e flexores do tronco se actúan os dous lados á vez. Cando hai unha rotación do tronco cara un lado actúa o oblicuo menor dese lado e o maior do lado contrario.
Aquí tedes un video dun exercicio típico para traballar os oblicuos. Está en castelán.




abd_gal.jpg





Volver ao índice Volver aos músculos

Bíceps.biceps.jpg
É o músculo da cara anterior do brazo, chámase así xa que ten dúas porcións unha curta e outra longa, ámbasldúas chegan á escápula na parte superior, e na parte inferior unha única insercción no radio. A principal función do bíceps é a flexión do codo, ainda que tamén fai a supinación do mesmo. Aquí vos deixo unha animación na que hai os dous traballos, o de flexión e o de supinación.











triceps.jpg




Tríceps. É o músculo da cara posterior do brazo por eso se chama "tríceps braquial". Ten tres porcións de ahí o seu nome. A súa función principal é a de extender o codo. Un exercicio para traballar os tríceps pode ser este que se mostra.








Volver ao índice Volver aos músculos

cuadriceps_gale.jpg

Cuádriceps. O músculo da cara anterior do muslo. Consta de 4 porcións: vasto externo ou lateral, vasto interno ou medial, recto anterior e recto interno ou intermedio.
A función principal do cuádriceps é a de extender o xeonllo. Para traballar o cuádriceps o exercicio típico son as "sentadillas"












Isquios_gal_cast.jpg




Isquiotibiais. Realmente os isquiotibiais son os músculos da parte posterior do muslo, o seu nome indica as inserccións superior (isquion) e inferior (tibia). A principal función é a de flexión do xeonllo. Os músculos que forman os isquiotibiais son o semitendinoso, o semimembranáceo (castelán semimembranoso) e o bíceps crural( ou femoral). Nun ximnasio podemos facer este exercicio para fortalecer os isquiotibiais.






Volver ao índice Volver aos músculos


glúteos_gal.jpg
Glúteo: Realmente este músculo son 3, glúteo maior, glúteo mediano e glúteo menor, e a súas funcións son as de extensión e abducción da cadeira.




















aductores_galego.jpg
Aductores: Son os músculos da parte interna do muslo, clasificados como aductor maior (ás veces diferenciase neste músculo a súa porción superior como aductor mínimo), aductor mediano (aductor longo) e aductor menor (aductor corto). Insértanse na parte superior no pubis e na parte inferior no fémur. A función principal dos aductores e facer a aducción da cadeira, é dicir levar a extremidade inferior cara adentro.











Volver ao índice Volver aos músculos

xeemlgos.jpg

Xemelgos: Son os músculos da pare posterior da perna, chámanse así porque son dous, interno e externo. O nome científico é gastrocnemius. A principal función dos xemelgos é a de facer a extensión da articulación do nocello (flexión plantar), función que fan conxuntamente cun músculo que se atopa debaixo deles chamado sóleo. Estes dous músculos forman na súa inserción inferior o tendón de aquiles. Os xemelgos tamén son flexores do xeonllo, cousa que o sóleo non pode facer xa que non cruza esa articulación.
Poñerse nas puntas dos pes é un exercicio moi útil para traballar os xemelgos.











Volver